VIGO TURÍSTICO

AS MELLORES RUTAS EN VIGO E A SÚA CONTORNA

Vigo e as Letras Galegas

Unha nova ruta polo centro de Vigo para vigueses e viguesas así como para curiosos que queiran saber máis sobre Vigo como a cidade motor e capital das letras galegas dende os anos 50. Unha década na que Galicia asiste a unha explosión cultural cun lugar como epicentro da acción, Vigo. Unha cidade aberta e cosmopolita, gracias ao seu porto, onde coinciden uns homes e mulleres decididos a recuperar e espallar a lingua e cun alicerce intelectual fundamental chamado Francisco Fernández del Riego, don Paco para os máis achegados, que neste 2023 é ademais a figura homenaxeada no día Das Letras Galegas.

Un Vigo coma porto e cidade de progreso e oportunidades onde Rosalía atopou a imprenta precisa para publicar os seus sentimentos pola terra, e, sobre todo, o Vigo dos 50’ e Don Paco. Un persoeiro moi singular e querido que deixou unha grande pegada na cidade e os lugares que acostumaba frecuentar e que nós agora visitaremos aportando datos e anécdotas.

Descobre e sorprende co Vigo galeguista de nomes e figuras tan populares coma Manuel Gomez Román, Xose María Álvarez Blázquez, Valentín Paz Andrade, Fermín Penzol, Tita Cal ou a editorial Galaxia.

O punto de partida será a Praza da Princesa xunto á Praza Porta do Sol para rematar aproximadamente dúas horas despois na Alameda ou Praza Compostela

Historia e cultura galegas
Expertos locais
Vidas de película

Un roteiro en galego para entender mellor Vigo e as Letras Galegas

ROTEIROS FEITOS CON PAIXÓN

Co profesor de historia e descendente dalgúns dos protagonistas, Alfonso Álvarez Canella

Alfonso Álvarez,  historiador e profesor e familiar directo de figuras relevantes das que imos falar coma o seu tío avó Xose María Álvarez Blázquez, o seu avó Dario Álvarez Blázquez ou o seu pai Alfonso Álvarez Gándara, decano do Colexio de Advogados de Vigo e tamén escritor.

Falando con familiares e coas suas propias vivencias retrata un Vigo considerado como gran capital do galeguismo da época e lévanos da mán nun roteiro cultural necesario para entender máis e mellor o lugar onde vivimos.

Un paseo de dúas horas a pé no que descobriremos un Vigo case descoñecido, o Vigo coma xerme dun sentimento que revitalizou e sacou do esquecemento a nosa cultura

Unha ruta coordinada polo guía oficial Borja Concheiro, guía especializado na historia da cidade de Vigo que tamén achega os seus coñecementos sobre feitos e arquitectura local e outros persoeiros e anécdotas.

Un percorrido polo centro histórico coñecendo os personaxes e fitos que fixeron da cidade o eixo do anovamento das letras e a cultura galega.

más rutas temáticas para descubrir vigo

La Reconquista, los espías, el viguismo, Verne, el legado indiano, Drake, el Vigo negro y paranormal... tú eliges!

Rutas temáticas Vigo
Seis rutas por y para vigueses que nos harán sentir en la piel de personajes de nuestro imaginario popular y descubrir aspectos sorprendentes y en muchos casos todavía desconocidos de nuestro pasado. Experiencias para todos los públicos que por primera vez se pueden disfrutar en Vigo, y que buscan entretener a toda la familia compartiendo cultura al mismo tiempo. En definitiva, seis propuestas turísticas enriquecedoras, totalmente seguras, y adaptadas para todos los públicos.